Vista normal Vista MARC Vista ISBD

NON FAI FALTA A VOZ / texto de Armando Quintero ; ilustraciones de Marco Somá

por Quintero, Armando; SOMÀ, MARCO.
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Colección Q.Editor: Pontevedra :OQO Editora ,2013 Edición: 1ª ed/SETEMBRO/2013.Descrición: [29] p. :il. col. ;24 páxcm.ISBN: 9788498714708.Materia(s): COMUNICACIÓN -- Cuentos | Emocións e sentimentos
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe Virxe do Carme
Sala préstamo
82N-G QUI non 1 Prestado 13/01/2025 LEC030000005559
Prestable CEIP Plurilingüe Virxe do Carme
Sala préstamo
N QUI non 1 Dispoñible LEC030000004299

“Non fales a non ser que poidas mellorar o silencio”, advertiu Jorge Luís Borges ante un excesivo valor das palabras. Canto máis nos poden transmitir un xesto, un aloumiño, unha mirada cómplice? Tal e como nos lembra Armando Quintero neste álbum; non fai falta a voz para mostrar cariño ou dicir cousas bonitas como quérote... O contacto físico como mostra de afecto é imprescindible para o desenvolvemento emocional dos pequenos: dálles seguridade, favorece a súa autoestima e mellora a confianza en si mesmos e tamén nos demais. Neste aspecto, inciden tanto o texto de Armando Quintero Laplume como as imaxes de Marco Somá. O ilustrador italiano humaniza aos animais protagonistas (cans, gatos, galiñas, paxaros, vacas, ovellas, cabalos, lobos, tigres e elefantes) e preséntaos en situacións familiares distendidas e de xogo, onde se pode sentir identificado calquera pequeno: divertíndose no parque cos seus pais, tomando un xeado, gozando do auga nun río ou lago. Os xeitos de comunicarse entre eles (ladrar, miañar, cacarexar...) son claves para gozar destes momentos. Nas súas expresións podemos apreciar que se trata de momentos felices para toda a familia. Marco Somá tamén mantén esta actitude vital de alegría coa aparición das xirafas. Nai e filla non teñen voz, pero contan con outro método efectivo e afectivo para comunicarse: os aloumiños. E a pequena xirafa decide compartir cos outros animais este modo de transmitir sentimentos e emocións. A partir deste momento, a historia dá un xiro de 180 grados: as ilustracións de Marco Somá continúan mostrando a uns protagonistas que seguen gozando e nas mesmas localizacións (parque, campo de fútbol americano...) pero a orixe do seu benestar é outra; sen necesidade de palabras, só con mimos, abrazos, caricias... Ademais, a aprendizaxe non se limita unicamente a novas formas de comunicación ou afecto, senón tamén de coñecemento e achegamento ao outro. Así, se as situacións de diversión eran entre animais da mesma especie, a partir de que a pequena xirafa ensina a un elefante como son as caricias, esta interacción entre diferentes razas continúa: o elefante ensínalle ao tigre; leste, ao lobo e así consecutivamente.

Coa tecnoloxía Koha