Cajaravillle,Héctor

Florencio Delgado Gurriarán : Polos vieiros da saudade / Héctor Cajaraville - Vigo :Xerais , 2022 - 93 p. : il.cor ;20cm - Colección Merlín .

Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso o lugar escollido foi México, onde levou a cabo un intenso labor cultural. Algúns dos proxectos que encabezou tomaron forma de publicación periódica, como as revistas Saudade e Vieiros. Nunha época en que a cultura galega se desenvolveu con máis vigor fóra ca dentro das súas fronteiras naturais, persoeiros como Delgado Gurriarán desempeñaron un papel fundamental para a súa supervivencia.

5º-6º Primaria

978-84-1110-045-8

978-84-1110-045-8


Letras Galegas, poesía

82N-G

Coa tecnoloxía Koha